¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.    Más información - Aceptar.
Exposición. Arte Ambulante

Arte Ambulante

 

Arte Ambulante é un proxecto de A Colectiva co apoio da Deputación da Coruña, que busca a dinamización social das comunidades municipais, empregando como recurso un conxunto de actividades asociadas a unha exposición de arte contemporánea con autoras galegas. 
 
Nesta ocasión o proxecto ten como anfitrión ao Concello de Neda. A exposición ofrece un percorrido polas linguaxes e formas de facer que compoñen hoxe en día a actividade creativa, convidando á veciñanza e ás visitantes a establecer unha relación de cercanía e empatía cos proxectos presentados. 
 
Participarán na exposición Lúa Gándara, Paula Aneiros, Natasha Lelenco, Alejandro Rego, Ruth Montiel Arias, David Fidalgo Omil, Miguel Mariño, María Magán, Pepe Galán, Marco Moreira.
 
Ademais de visita coas artistas participantes, Lúa Gándara impartirá o obradoiro A paisaxe imaxinaria, un taller de pintura a través do cal explorar emocións e relacionarnos dunha nova forma co noso entorno.
 
Contenidos relacionados
Por algún motivo no se a completado la carga del carrusel, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar